Joaquín o Buzo de Redes

Joaquin O BuzoXaquín Pita López

Andaba o ano 1977 e vivíase unha barafunda política no país. Íamos no metro de Madrid, Joaquín non se encontraba ben e baixamos dúas estacións antes do destino, a súa faciana pálida, o xentío, un ir e vir esgallador de mirada agochada, non sabiamos que o seu corazón era coma papel de fumar. Sentados nun banco foi recuperando e seguimos falando de política mentres os trens cruzábanse no bulir da trafega. Contrastaba a miña xuventude de ansias de liberdade co pensar dun espírito castrense onde víase o desgaste dun longo tempo de intolerancia. Os militares non querían deixar o poder, mais debeuse dar conta que a conversa trascendía de home a home e dixo: “Eu son demócrata” . Co paso do tempo esa reafirmación mostrou ser certa, pois a maioría dos homes son vítimas do seu pasado.

Ler máis: Joaquín o Buzo de Redes

A Andrés Freire

Navarra . 1/8/2017


Amigo e veciño eterno,
amante da familia,
agarimoso, exemplar,
cabaleiro, namorado do mar.
Xa falamos o outro dia,
que eiquí, estamos todos,
soamente unha vez na vida.
Mestre, educado nó arte,
coñecedor do profundo,
para mín, foi unha coitelada,
cando me enterei da tua morte,
noutras terras do mundo.
Os nosos delicados corazóns,
sempre atentos a razón,
o teu coñecemento infinito,
de terras e mares a carón.
Delicadas mans de artesán,
a madeira tiñamos en común,
e o respeto tamen das ideas,
do máis primitivo humán.
A tristura que sinto ,
lonxe da nosa terra,
sei, que faltandonos tí,
e mais tristura de aquela.
Hai uns días que escoitaches
de mín unhas muiñeiras,
son para tí todas, meu amigo,
que no ceo sexan compañeiras.

Xaquín Pita

Xuntanza dos Remeiros da Trainera

Xuntaronse de novo unha mañán de febreiro, esta vez para falar na radio por mor dun periodista que descubriu a historia e quixo coñecer aos seus protagonistas. Botouse en falta algún, que xa marchou, pero os recordos volveron e reforzáronse. Pronto poñeremos o audio da radio.... adiantamos video en "Ler máis"

TrainhaRedes01 TrainhaRedes01 TrainhaRedes01
TrainhaRedes01 TrainhaRedes01 TrainhaRedes01

 

Ler máis: Xuntanza dos Remeiros da Trainera

A Memoria dun veciño

RVM 03 Homenaxe 10 Marzo 2004Sempre que se lembra a figura dunha persoa xá finada, o tempo volta coa sua consecuencia social,  común e histórica, e dicir, que a memoria dun veciñó e a memoria do pobo.

O día da patria galega, fará dous anos que nos deixou, Regino Varela, o noso veciño que foi presidente da asociación da Escola, a Tenencia, laboura social de moito prestixio para nós, de Caamouco, xentes que estivemos polo mundo, espallados como estrelas.

Os tempos da xuventude de Regino, chamabanse tempos de paz, pero eran tempos de silencio, anulación do pensamento e persecución cainita. O futuro moviase nos talleres de toda Europa, onde a clase obreira considerabase unha raza colonial de segunda, peor en España onde se despreciaba aos traballadores.

Ler máis: A Memoria dun veciño

Fallece el histórico sindicalista Regino Varela

 

RVM01DiarioDeFerrolRedacción Ferrol | 26 de Julio de 2014

Regino Varela, un histórico sindicalista y militante en la clandestinidad del Partido Comunista y de las Comisiones Obreras, falleció ayer a los 72 años de edad. La Asociación Fuco Buxán, de la que fue socio fundador, transmitió ayer su pésame a su familia y amigos y destacó su “entrañable amizade e o seu exemplar compromiso sindical, político e social”.

 

Ler máis: Fallece el histórico sindicalista Regino Varela