A Andrés Freire

Navarra . 1/8/2017


Amigo e veciño eterno,
amante da familia,
agarimoso, exemplar,
cabaleiro, namorado do mar.
Xa falamos o outro dia,
que eiquí, estamos todos,
soamente unha vez na vida.
Mestre, educado nó arte,
coñecedor do profundo,
para mín, foi unha coitelada,
cando me enterei da tua morte,
noutras terras do mundo.
Os nosos delicados corazóns,
sempre atentos a razón,
o teu coñecemento infinito,
de terras e mares a carón.
Delicadas mans de artesán,
a madeira tiñamos en común,
e o respeto tamen das ideas,
do máis primitivo humán.
A tristura que sinto ,
lonxe da nosa terra,
sei, que faltandonos tí,
e mais tristura de aquela.
Hai uns días que escoitaches
de mín unhas muiñeiras,
son para tí todas, meu amigo,
que no ceo sexan compañeiras.

Xaquín Pita