Toponimia de Caamouco con Wikimapia

Con Wikimapia temos a posibilidade de descubrir os lugares cos vellos nomes de Caamouco e de engadilos nós mesmos, ademáis de fotos, comentarios....

Situación-Datos


Cun terreo que discorre de leste a oeste, paralelo á costa, linda ó norte coas parroquias de San Xoan de Piñeiro, Santiago de Franza (concello de Mugardos) e Santa Eulalia de Limodre (concello de Fene), servindo de linde natural con esta última o regato de Río Sandeu, ó oeste con San Xosé de Ares (concello de Ares), linde que se atopa sinalado polo regato da Xunqueira, que discorre baixo a ponte da Ciscada (s. XIV). A fronteira sur a delimita a Ría de Ares. De clima morno e chan fértil, aséntase sobor dun terreo que na súa metade leste presenta dende os altos da Malata e Barracido, unha pronunciada costaneira que se suaviza ao chegar ó mar, tornando en terreo chan nas terras que se atopan no oeste. Entrambas configuracións do chan existe un pequeno val polo que discorre un pequeno regato e na que se asenta o seu núcleo de poboación máis importante, o Porto de Redes. A flora e a fauna degradadas pola acción dos eucaliptos e a non dispoñibilidade de espacios reservados para a conservación das especies autóctonas, non presenta máis particularidade que o abandono propio dos espacios paisaxísticos en vías de reconversión. A pesar desta situación, as paisaxes que se divisan invitan ó goce e disfrute dos sentidos.

Sitúa Caamouco

Caamouco Latitude: 43º 26'Lonxitude: 8º 13'
Concello de Ares (Provincia de A Coruña)
Galicia // Spain // Europe

Cómo chegar a Caamouco?

Iniciamos a ruta en Pontedeume, provincia de A Coruña (Galicia), vila facilmente localizable en calquera mapa e que se encontra nas proximidades de Caamouco. (pincha nas imaxas para amplialas)

 

O acceso a Pontedeume realizase pola estrada Nacional 651 ou pola autopista AP-9.

 

Unha vez en Pontedeume, tomaremos a estrada N-651 con dirección a Ferrol.
Atravesaremos a ponte sobre o río Eume e o pobo de Cabanas.

 

Un quilómetro despois de pasar o pobo de Cabanas encontramonos cun cruce no que debemos desviarnos hacia a esquerda para incorporarnos á estrada comarcal ??? con dirección a Ares-Mugardos

 

Despois de percorrer uns 3 quilómetros pola estrada comarcal ?????, na poboación de Limodre, nos desviaremos á esquerda (dirección Ares)

 

Despois de percorrer 1,5 quilómetros xa te atopas na parroquia de Caamouco!!
O chegar ó cruce mostrado na fotografía podes elixir seguir de frente para visitar o núcleo máis grande da parroquia, ou ben, coller á dereita e visitar as outras poboacións e praias da parroquia.

 Podes descargar aqui unha descrición máis completa da ruta.