Calendario de reservas da Agrupación Instrutiva de Caamouco

Este é o calendario de reservas da Agrupación Instrutiva. Se queres solicitar o uso das nosas instalacións envía un WhatsApp ou chama ao 680 16 19 29.
As actividades e cursos da Agrupación prevalecerán sempre sobre calquera outra.

Este home vido do país veciño sempre nos chamou a atención, de nenos, polo seu estrano falar (era o acento portugués que tiña), e a sua curiosa afición: as abellas.

Traballou de albanel, que eu saiba ainda queda un hórreo en Seselle feito por el (de ladrillo, eso si). O seu gusto polas colmeas, co fume, os panais, a saba branca, o cariño a eses animais non evitaba que de vez en cando lle picaran. Ás veces escapábaselle un enxame, e andaba polas portas, coa sábana branca, preguntando ós veciños si o viran, para recollelas... non lle dera tempo a atopala raiña para levala a outra colmea.

Eu sempre o acordo facendo algo, para el ou para os demais, terras, carpinteria, ladrillos, camiños, animais... pero sabia pararse a mirar e falar.


Modelo de Xestión(*)

O pasado 30 de Xullo publicabase no DOGA a aprobación inicial do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, POL, abrindose un período de exposición de dous meses para facer alegacións que rematou o 30 de setembro. Dous meses que inclúen o de Agosto, o que xa da unha idea das facilidades que se dan para facer as alegacións. E antecedentes hai no caso da Mellora da Fachada Marítima de Redes do valor e atención que se lle da ás alegacións.

A pesares da incidencia que ten este plan no futuro desenvolvemento urbanístico e territorial deste Concello, e das interferencias entre as competencias das distintas administracións (Concello, Costas e Xunta), non se viu por parte dos representantes municipais, nin a nivel institucional nin dos grupos políticos, iniciativa algunha de expor ós veciños as consecuencias do POL, agás do tardío ofrecemento do BNG, que a menos dunha semana de que rematara o prazo non permite nin avaliar nin alegar con xeito á voluminosa e intrincada documentación do POL.

A cuestión que se plantexa é si tiñan que ser os veciños os que estivesen pendentes do DOGA, facerse expertos en urbanismo, ordenación do territorio, dereito administrativo, cartografía... ou si polo contrario eran os seus representantes os que tiñan algún tipo de responsabilidade ou obriga moral de estar atentos e informar.


Planeamento Urbanístico(*)

Pois ben, á vista da documentación, e polo que parece, os redactores do POL tiveron en conta os planeamentos urbanísticos... onde había. No caso de Caamouco estase a mercede das normas subsidiarias, toda vez que foi anulado o plan anterior, polo que case todo o territorio de Caamouco aparece como Solo Rústico ou Solo de Mellora Ambiental e Paisaxística, agás parte do Castro e Redes, que ten definido a súa zona urbana e de solo urbanizable ó seu redor, para cando medre.

A cousa está en que o POL, respecto do Plan Urbanístico, é de ida e volta, pois si ben o POL corresponde á Xunta e o Plan Urbanístico ó Concello, non son completamente independentes. Ós redactores do POL tiveron que ter en conta os Plans Urbanísticos en vigor, pero unha vez que esté aprobado o POL serán os Concellos os que terán que telo en conta para facer os seus Plans. Non hai máis que botar unha ollada a como está o POL nos veciños concellos de Fene e Mugardos para darse conta das posibilidades para as novas iniciativas urbanísticas residenciais ou industriais... e das posibilidades que hai en Caamouco coa etiqueta SNU (Solo Non Urbanizable?, a saber, pois non apareceu a guía de acrónimos). Tal parece como si quedasemos encadrados nunha especie de reserva aborixe, onde prima a cuestión natural, cultural e paisaxística. Menos mal que non lles compete o estilo que hai que ter á hora de facer os regos para as patacas! (ou si?).


Plano de Usos(*)

Aparte de erros de bulto como non ubicar A Lousada, Mazaído e Liñares (o de aquí, non o Linares dos Santana-Rover), e de non ter idea de que o regato sae polo Pedregal e non por Portorradeiro,  de momento o que se observa é que o plano do "Modelo de Xestión" recoñece que hai  asentamentos de carácter fundacional, de desenvolvemento periférico ou funcional, e mesmo casas co calificativo de "patrimonio etnográfico", pero non se recoñecen os núcleos rurais de Barracido, A Rúa, Ixobre, Malata, Rodelas, Seselle, Curmá, Mazaído, Pezoas, Liñares, Curro ,O Castro... todo queda encadrado en "Mellora ambiental e paisaxística" ou "Ordenación" (agás Redes e parte do Castro) sin que quede claro en que consiste pois en outros documentos a cousa está "a desenvolver durante a redacción do plan". Chama a atención, como se mencionaba, que en Seselle a parte que corresponde a Mugardos sí que está fora do ámbito do POL, pois alí si aplicaron o disposto no Plan de Urbanismo de Mugardos.

Tamén destaca algo que non se sabe si é contradictorio ou non, pois parte da suposta zona de expansión do núcleo de Redes (o SAU/N Redes), interfire coa Servidume de Protección e a zona costeira... os conflitos de competencias e as interferencias entre administracións están servidos, a incertidume e as peregrinacións dos que se propoñan facer algo, tamén.

Si alguén ten a paciencia de consultar e baixar a documentación, esta atópase NESTA LIGAZÓN... logo de admirar a presentación pódese ir directamente ós DESCARGABLES. As zonas que corresponden a Caamouco son: I12, I13, J12, J13. Boa sorte.

(*) Os documentos que se presentan son unha recomposición feita a partires dunha escolma da documentación exposta na páxina web da Xunta, dado que Caamouco queda repartido entre catro dos cadros de referencia. A documentación exposta na web da Xunta debe ser a que se teña en conta á hora de tomar calquer iniciativa ó respecto do POL. As imaxes expostas poden conter algún erro e CaamoucoNet non se fai responsable do uso que delas se faga ante terceiros.