Calendario de reservas da Agrupación Instrutiva de Caamouco

Este é o calendario de reservas da Agrupación Instrutiva. Se queres solicitar o uso das nosas instalacións envía un WhatsApp ou chama ao 680 16 19 29.
As actividades e cursos da Agrupación prevalecerán sempre sobre calquera outra.

Quedan moi poucos dos que o viron con algún uso, algúns enmarcárono nas súas pinturas, máis foron os que lle apuntaron coas súas cámaras e moitos máis os que o identifican coa imaxe de Redes, das casas á beira do mar.

Foi obxecto de admiración por parte do seu dono, Quinín, e motivo de gastos pola súa parte en pintura para os lenzos nos que o plasmou pois, a dicir verdade, nunca se lle veu con brocha gorda no devandito, por non falar de cousas maiores.

Someteuse ás medicións e admiración por parte de estudantes de arquitectura, que con afán e con motivo dos seus traballos de fin de carreira fixeron varias propostas de actuación sobre a "casa do pintor", nunha especie de concurso de deseño arquitectónico. O papel é o que ten, aguántao todo.

Sobreviviu a varios intentos de reformas, mesmo ameaza de derribo coa grande obra da Area Morta, acción de urxente necesidade de case un millón, que deixou tapada a vella rampla en relucentes canterías e maltreito o espigón dende o que todos o admiran, desaparecidos xa os douscentos corenta camións de area que o sitiaban, traídos sabe Deus de onde e levados onde só o mar sabe; ou como aquela outra do millón para a Fachada Marítima, que tendo tres fachadas marítimas como ten, nada lle tocou, quedando pendente "para unha actuación futura", que de momento foi para a veciña Bodega da Casca en forma de novas e labradas canterías, relucentes pasamáns de inoxidable e insolentes pasarelas voladizas de madeira precocida.

A pesares de ser un símbolo da identidade dun lugar o seu maior problema é precisamente ese, a súa identidade, pois non se sabe se é público ou privado, para que pode valer, quen é exactamente o dono, se pode ser unha vivenda, un bar, un expositor, un hotel, un almacén, un observatorio ou un mexadoiro. En principio parecía que era unha cousa privada, pois tiña dono, e mesmo foi motivo de herdanza, ate foi vendido a un particular que, a pesar de que era seu, tivo que desfacer a venda porque as autoridades, responsables diso que chaman a cousa pública, non permitían facer o que se pretendía facer, pois isto da cousa pública ten prioridade sobre o da a cousa privada. Hai que respectar a contorna, o estilo, e non se sabe canto máis. Vimos como Costas e Patrimonio, un por outro, gobernaban o seu destino, con razón ou sen ela, con discrecionalidade sen dúbida, pois non moi lonxe permitíanse, tamén un por outro, rehabilitacións exemplares que non deixaron do orixinal nin unha soa pedra, nin unha soa tella, nin unha soa porta, nin unha soa viga, nada.

Afectado por iso que chaman Patrimonio, parece como se a cousa ten que quedar como estaba, non se sabe ben se o que queren dicir é en ruína permanente, ou se ten que parecer como acabadiño de facer, co loureiro posto no tellado; loureiros aínda non ten, salgueiros valen?.

Tamén están eses de Costas, en contraste cos anteriores, que o que pretenden é a súa caída definitiva, por aburrimento, co seu non deixar facer, salvo a arquitecto de etno-moderneces, e porque cando queren fan, iso si, o que lles peta, só hai que ver a Area Morta ou dar unha volta por Río Sandeo. Tal parece que queiran deixar a beiramar tal como estaba cando o veciño Breogán andaba por aí, se é que algunha vez tivo a ocorrencia de achegarse.

Para rematar e por se fora pouco alguén dixo arrafos, longos pleitos e por unha parte un togado vai e di que hai que cambiar as raias, e por outro un gobernante dende a capital sen mar dos asuntos marítimos di que o dos núcleos mariñeiros tradicionais teñen que ter un tratamento especial, que se o das propiedades privadas no dominio ese vai ter unha prórroga de tres cuartos de século, que se propiedades, que se concesións, que se... a man dereita non sabe o que fai a esquerda!

Total que nada se sabe: se é privado, donos e interesados perderon o interese, por medo, por inseguridade nesto da administración pública; e se é público, agora mesmo cos ventos que sopran parece que non hai con que e coma non se pode, ou non se quere, xa estamos con aquilo de que ten dono e outras lerias.

Mala sorte, ao Alboio xa non lle queda outra que caer a cachos, pois ata o limbo lle pecharon.

Este Castelo é unha das construccións militares máis fermosas que podemos contemplar no conxunto histórico-militar do Ferrol da Ilustración que tanto se promociona agora. E que non podemos perdoar unha visita agora mesmo que parece que o van coidando un pouco máis por algunhas zonas.

Agora mesmo a parte do paseo polo propio castelo podemos disfrutar dun novo e recén estreado paseo para realizar a pé, para percorrela costa ate o Castelo de San Cristobal, pasando polo Castelo de San Carlos e disfrutando dunhas boas vistas da ría mentres camiñamos un pouco nun día de inverno soleado.

Cómo Chegar: A penas a 24 Km dende Redes, e máis ou menos como calcula Google maps a media hora en coche indo pola vía rápida. O percorrido é do máis sinxelo , o único que hai que ter coidado agora é que o tramo final , xa no pobo de San Felipe, agora é de sentido único e temos que sair por San Cristobal.

Pincha Aquí para vela ruta dende Redes - San Felipe.

Para desfrutar do novo paseo non temos máis que aparcar ó lado do castelo e tirar pola estrada que sube antes do desvío o castelo e xa atopamos a nova senda, recén amañada e con aparcadoiro.

O traxecto está amañado, non ten grandes desniveis e é adecuado para un paseo relaxado para persoas de tódalas idades.

O Castelo: O Castelo ofrécenos en primeiro lugar unha vista privilexiada da Ría dende moitos dos seus recunchos, sitios especiais para tirar fotos (Levade Trípode), pasear un rato, e dar un paseo relaxado onde si che presta podes leer información sobre cada unha das construccións a través duns Carteis informativos ciscados por todo o Castelo.

Actualmente a entrada do Castelo é de 1€ por persoa e gratis para menores de 8 anos.

O Horario vai variando ao longo do ano segundo o tempo que hai luz, actualmente pecha as 18:30h da tarde, o mellor é ir e preguntar, non pasa nada si non está aberto podemos disfrutar do paseo que comeza mesmo o pé do castelo.

Existe percorrido recomendado o longo do castelo, pero o mellor é deixarse levar e simplemente pasear, meterse polos buratos que hai, subir e baixar escaleiras, e é así como imos descubrindo cada unha das vistas, e cada un dos recunchos interesantes que ten esta construcción.

Para aqueles que queiran facer experimentos coa súa cámara, e leven trípode, eu non o levei desta vez e estou arrepentido porque todo tiña unha luz moi boa, e nalgúns lugares a exposición tiña que ser longa para conseguir unhas fotos Bonitas.

Levade Trípode.

O Novo Paseo:

Unha vez visitado o Castelo, si contamos aínda con horas de luz por diante para camiñar, é moi sinxelo de atopar, e proporciona unhas vistas moi fermosas, cando poidamos completaremos esta reportaxe con imaxes do mesmo polo de agora pódemos indicar o percorrido que ten.

Eiquí vos podo amosar un percorrido aproximado de por onde transcorre este novo paseo. Percorrido en Google Maps.

Distancia Aproximada. 2.5 Km. Sin Pendentes fortes.

Vistas da Ría.

Castelo de San Carlos. (Bastante Completo)

Castelo de San Cristobal.

Vista da Boca da Ría.

Como única mostra deste percorrido temos esta última foto dunha vista do atardecer na boca da ría de ferrol, con porto exterior incluído.

Un saúdo e que disfrutedes desta visita e ruta. Caamouco.net