Calendario de reservas da Agrupación Instrutiva de Caamouco

Este é o calendario de reservas da Agrupación Instrutiva. Se queres solicitar o uso das nosas instalacións envía un WhatsApp ou chama ao 680 16 19 29.
As actividades e cursos da Agrupación prevalecerán sempre sobre calquera outra.

XunqueiraA Xunqueira é un espazo natural mesmo no límite de Caamouco coa vila de Ares, é un humidal no que recentemente o Concello levou a cabo unhas obras, iso sí, como podemos ver nas imaxes pendientes de innaugurar.

A obra consiste nun pequeno paseo de madeira que pasa entre as árbores e sin tocar o chan, por encima dunha zona húmeda e embarrada que tal e como rezan numerosos carteis o longo da obra é perigoso pisar xa que pode haber fochancas co conseguinte perigo de afondar nelas.

Conta tamén con dúas casetas que parecen ser de observación ornitolóxica, ideais para aqueles interesados en observalos paxaros que poidan andar por este paraxe pero, na nosa opinión, desacertadamente colocadas xa que dende elas o campo de xuncos hai que miralo entre un montón de frondosas plantas e árbores que seguramente no verán e en primaveira impidan poder observar con claridade as distintas especies de paxaros.


Como podemos ver nas fotografías anteriores xa está todo prácticamente preparado para inaugurar, xa que ata hai unha pedra dunha lareira na entrada do paseo e un taboleiro donde supoñemos que porán un pouco de información acerca das especies do ecosistema que poderemos ollar dende este pequeno paseo que está moi perto da rotonda da entrada de Ares, na estrada que vai ata Franza.

XunqueiraBótase de menos un espazo para estacionar, ainda que sexa pequeno, xa que o actual non permite maniobrar, e tamén, sobre todo , pensando neste entorno, bótase moito , pero que moito de menos algunha papeleira para que os visitantes non teñan a tentación de encher de lixo este espazo natural.

Tamén facemos dende aquí unha pequena chamada ó sentido común da xente, non tiredes lixo aquí, tratade de non maltratar o entorno nin as instalacións, xa que polo que poidemos comprobar, parece que van a permanecer abertas para o uso e disfrute de calquera que pase por alí e sinta curiosidade polo lugar.

Visitarémolo de novo noutra época do ano, cando as follas, os verdes e as flores manden nesta paraxe, xa que seguro que ten outra cara máis agradable e, ó mellor, vemos a algún páxaro... dos de plumas... dos que teñen alas.

Xunqueira

Xunqueira

Xunqueira

Xunqueira

Xunqueira
Xunqueira
Xunqueira





Localización

Provincia: A CORUÑA | Comarca: FERROL | Municipio: ARES | Parroquia: Caamouco (San Vicente) | Lugar: Curmá | C.P.: 15621

Acceso

 

Desde Ares tomar la L-124, hasta el cruce con Redes, girar a la izquierda y, a unos metros, tomar el primer desvío hacia la izquierda, que conduce a la iglesia.
Accesibilidad: Inmediaciones: coche, autobús. Recurso: peatonal.

Descripción

Iglesia de estilo predominantemente barroco, aunque del siglo XIX. Planta de cruz latina, de una sola nave con bóveda de cañón reforzada por arcos fajones. Crucero cubierto por una cúpula sobre pechinas, la cual exteriormente se asienta sobre un tambor octogonal con cubierta a ocho aguas. Vanos laterales situados en la parte alta del muro de cerramiento.

Esta reportaxe podémola atopar en: TurGalicia