Calendario de reservas da Agrupación Instrutiva de Caamouco

Este é o calendario de reservas da Agrupación Instrutiva. Se queres solicitar o uso das nosas instalacións envía un WhatsApp ou chama ao 680 16 19 29.
As actividades e cursos da Agrupación prevalecerán sempre sobre calquera outra.

Onte poiden tomar algo e mostrarlle o noso Pobo a parte de Mugardos, as vistas de Montefaro, etc,etc a dous amigos Cubanos.

Un que xa veu para quedar porque ten un talento especial para a informática, Iván; outro que está sinxelamente de paso no seu deambular polo mundo que lle permite o seu traballo coma escritor e fotógrafo de artigos para unha revista Mexicana, Canek, que como curiosidade xenética e persoal, ainda que non lle gusta falar moito do tema, é o neto maior do Che Guevara.

Non fai tanto tempo, nin penso que deixaremos nunca de facelo, os Galegos emigramos, marchamos masivamente da nosa terra para sair adiante, para buscarnos a vida e poder vivila dignamente porque eiquí non temos aquelo que precisamos. Nos últimos anos parece que nos esquencemos desa característica da xente da nosa terra, que ten que marchar para conseguilo éxito ou a supervivencia en terras lonxanas. Moitos esquéncense rápido e miran mal a aqueles, que dende esas terras as que o noso pobo marchaba antes, agora veñen eiquí co mesmo obxetivo. Iso é sen ningunha dúbida unha gran marca de ignorancia que desgraciadamente moitos "compatriotas" cos que vivimos a cotío sufren irremediablemente.

  De súpeto un ten a oportunidade de entendelas cousas doutro xeito, de recibir información de fóra da burbulla na que vivimos sempre cada un de Nós sen darnos conta, e de valorar moito máis, cousas, que de non ter contacto con esta xente damos como normais, e que non disfrutamos debidamente por estar acostumados a elas. Temas políticos, lingüisticos, culturais.... ou mesmo o xeito de ollar as cousas cambiache por completo en canto tes a oportunidade de convivir con xente diferente. 

E tamén, falando con eles, es ti mesmo quen acaba decindo que antes os Pobres eramos Nós, e os cartos viñan de alá... e agora os pobres son os de alá escapan para onde poden, sobre todo nos casos de bos profesionais que pariu a revolución, pero que logo, como comentaba con Canek e Iván, atopáronse perfectamente formados nun mercado no que non había mercado, e donde non podían traballar.... a solución , a de sempre, marchar polo mundo adiante.

 O sistema poido preparalos, formalos, crear excelentes profesionais, artistas, diseñadores, etc,etc... pero de súpeto cando rematan a súa formación, chocan de frente contra o propio sistema, un sistema que naceu para liberalos e que agora mantén a moitos deles atrapados nas súas incongruencias, como é lóxico todos os que poden fuxen, para tratar de atopar unha vida mellor noutro país, en moitos dos casos España, donde de súpeto comezan a cruzarse uns cos outros e a darse conta que das pandillas, dos grupos de amigos, case non lles queda ningún en Cuba, desta xeración que agora teñen entre 20-35 anos, todos os que poideron xa puxeron o pé fóra da illa. 

Canto máis os coñeces, máis te dás conta que teñen moito de Nós, que a parte dos lazos sanguíneos entre Galicia e Cuba, decátaste que a propia linguaxe, algunhas costumes, ditos, e coñas, son exactamente as mesmas as que teñen eles que as que tiñan os nosos maiores, en moitos casos dá a sensación como que fai moitos anos alguén mandou unha chea de barcos plagados de Galegos para Cuba, e que alí se fundou outra Galicia, e que partindo do mesmo punto nese intre que estaban aquí, evolucionaron doutro xeito, pero coas mesmas raíces. Así moitas palabras que de súpeto che din e non as entendes, coméntalas na casa porque che fan gracia, e resulta que son as mesmas palabras que usaban os nosos avós e bisavós, e tátara.... o único que temos que darnos conta, e que a xente é xente e punto, que fai un tempo o conto era Galegos no Golfo de México, e que agora o conto é Cubanos no Pedregal.

 

 

 

Localización

Provincia: A CORUÑA | Comarca: FERROL | Municipio: ARES | Parroquia: Caamouco (San Vicente) | Lugar: A Rúa de Barracido | C.P.: 15624

Acceso

Desde Ares tomar la carretera L-124, después de pasar Seselle, en el primer cruce girar a la derecha hasta llegar a otra desviación en la cual continuar recto hasta pasar Burreiros hacia Rúa, donde se encuentra el pazo.

Accesibilidad: Inmediaciones: autobús. Recurso: coche, peatonal.

Descripción

Propiedad privada no visitable. Rodeado de huerta, campos de labranza y jardines en su frente principal. Conserva la estructura de funcionamiento de un Pazo. Caserón rectangular con sillería en cornisa, ventanas y esquinales. Adosada la capilla con acceso interior exterior. Rodean el patio posterior viviendas de caseros, palomar, cocheras y hórreos.

Esta reportaxe podédela atopar en: Turgalicia