Calendario de reservas da Agrupación Instrutiva de Caamouco

Este é o calendario de reservas da Agrupación Instrutiva. Se queres solicitar o uso das nosas instalacións envía un WhatsApp ou chama ao 680 16 19 29.
As actividades e cursos da Agrupación prevalecerán sempre sobre calquera outra.

  Na Semana Santa, Vran, pontes e festivos significativos non se pode acceder cos coches a Caaveiro pola estrada. Para iso hai un servizo de buses, dende o centro de recepción de visitantes ata a ponte de Santa Cristina co seguinte horario:

Horario de Autobuses

Saída dende o centro de recepción de visitantes.

Saída dende Caaveiro, ponte de Santa Cristina

10:30h

11:00h

11:00h

11:30h

11:30h

12:00h

12:00h

12:30h

12:30h

13:00h

13:00h

13:30h

13:30h

14:00h

Descanso

16:00h

16:30h

16:30h

17:00h

17:00h

17:30h

17:30h

18:00h

18:00h

18:30h

18:30h

19:00h

 

19:30h

O bus ten tres paradas, ao longo do seu percorrido.

IMPORTANTE: Deben recollerse os billetes no Centro de Recepción de Visitantes, para un bus a unha hora concreta, tanto para a ida como para a volta.

Moitos dos socios de CaamoucoNet teñen ademáis un correo @gmail.com, este portal ofrece a posibilidade de ler e escribir correo de outros proveedores (como CaamoucoNet). Os pasos a seguir son os seguintes:

(premer nas imaxes da dereita para velas ampliadas):

1) Ir á configuración da conta. Esta opción está no menú de ferramentas, anque a apariencia pode cambiar en función de como teñamos configurado gmail.

2) Seleccionar a pestana de Contas.

3) Na sección de "Comprobar o correo de outras contas (mediante POP3)" premer na opción de "Engadir unha conta de correo POP3 tua"

4) Os valores de configuración para a nosa conta son:

A conta de correo con un signo + en vez de @

O servidor é: mail.caamouco.net

4a) Se esta vai ser a maneira en que se acceda ao correo de CaamoucoNet, e non se quere telo en ningún outro lugar, convén NON MARCAR a opción de "Deixar unha copia da mensaxe recuperada no servidor" (que o borre do servidor, en resumo).

Isto evita que se acumule no servidor de CaamoucoNet correo que xa temos noutro lugar.

4b) Se queremos ler o correo de CaamoucoNet dende outro lugar (Outlook, Thunderbird, Incredimail....), convén MARCAR a opción de "Deixar unha copia da mensaxe recuperada no servidor" (que o deixe quedar no servidor, en resumo).

Isto permite ter unha copia de todo o noso correo @Caamouco.Net en GMail. Se o borramos non se perde, porque o leremos dende o outro sitio.

5) Agora xa podemos ver o noso correo @caamouco.net dende Gmail, só hai que seleccionar a etiqueta do noso correo no menú da esquerda cando estemos en GMAIL  
6) Tamén é posible enviar correo coa nosa identidade @caamouco.net. Ao ter varias contas asociadas agora aparece un despregable na cabeceira do correo cando estamos redactando un novo email.