Calendario de reservas da Agrupación Instrutiva de Caamouco

Este é o calendario de reservas da Agrupación Instrutiva. Se queres solicitar o uso das nosas instalacións envía un WhatsApp ou chama ao 680 16 19 29.
As actividades e cursos da Agrupación prevalecerán sempre sobre calquera outra.

Hoxe á mañán Hoxe á tarde Hoxe á noite
Mañán pola mañán Mañán pola tarde Mañán á noite
Pasado (mañán) Pasado (tarde) Pasado (noite)
Preme nas imaxes para velas ampliadas

Nesta pequena vila da parroquia de Caamouco do concello de Ares na Coruña, en Redes, viviron e viven personaxes interesantes e seguramente singulares, sen ser moi distintos dos que habería noutras vilas semellantes.

Unha destas persoas chamábase Higinia, era peixeira e vivia no Calexón. Era entonces, falo dos anos cincuenta, unha vella (dito con todos os respectos que merece este cualificativo, pois si temos sorte a vellos chegaremos) pequena, aínda que forte, morena de pel curtida e pelo canoso tapado sempre por un pano, sempre sorrinte e de falar alegre e alborotador, gustaba de levar aneles de prata nas mans.

Nun dos máis vivos recordos que teño dela véxoa subir do Pedregal por Redes arriba, co carriño cargado de sardiña, pregoando: “Que van saltando, son da ría da música”, coa súa voz cascada e forte e con aquel sonsonete que ela tiña e que resultaba tan propio.

Quen non recorda a Higinia! .. vendía a sardiña dos xeitos de Redes por toda a comarca. Era moi coñecida.

Fonte: Blog En Redes non te quedes ...