Calendario de reservas da Agrupación Instrutiva de Caamouco

Este é o calendario de reservas da Agrupación Instrutiva. Se queres solicitar o uso das nosas instalacións envía un WhatsApp ou chama ao 680 16 19 29.
As actividades e cursos da Agrupación prevalecerán sempre sobre calquera outra.

Casa Azul en RedesAcceso
Dende Ares tomar a estrada L-124, pasar Seselle e antes de chegar a un cruzamento con indicativo cara a Redes onde se atopa a casa.

Accesibilidade: Inmediacións: autobús. Recurso: coche, peonil.

Descrición
Construción sen estilo definido, atípica na zona. A súa fachada principal posúe unha especie de torreón de tres alturas. Mentres que as fachadas laterais só son de dúas alturas. Vans enmarcados por perpiaños, entrantes e saíntes, revogados de branco, que resaltan no azul intenso de todo o edificio. Destaca a cornixa voada.


Esta reportaxe podédela atopar en: TurGalicia

Caamouco 15 de xullo do 2009

Andaba eu a falar coa miña amiga Carmela Sarmiento, sobre o meu neto Aitor, e ela que ten a sabiduria de lembrar o pasado con moito sentidiño, contoume, que xa non había nenos en Caamouco, e sí moito solteiro

Eu non penso que os solteiros teñan a culpa do descenso da natalidade; mais ben son cousas do demo: democracia, demoeconomía e  demografíia  pero alguén haberá que botarlle a culpa.

Lonxe de botar a culpa da crise mundial ós solteiros de Caamouco quero escribir sobre eles con:

Coñecemento, respeto e agarimo, para iso, aproveitei as festas da Patrona de Redes e sentado no Peirao, tomándome unhas cervexas, vin pasar por diante de min, en tres horas, vintaesete solteiros de Caamouco, unha chea deles. No rebumbio da festa, fun falando coa maioria, un a un.

Que vas falar de mín decianme todos... pero ningún díxome que non falara.

Estou solteiro porque me da a gana, vivo feliz asi; e mostrándome as chaves do seu lar --Entro e saio cando quero.

Eu casei e separei hai tempo, voltei a miña terra e son feliz eiquí, coma estou, estou ben.

Un quíxome enganar decindo que é el --- Solteiro  e enteiro--- E levantando eu o dedo corazón da mán esquerda --Tí levas toda a túa vida  ás xardiñas--

Si traes unha caravana de mulleres, estou no Pedregal cando chegue o bus, coas mans levantadas.

Outros non estaban pola laboura da caravana.

Non necesito que veña ningunha muller, vou eu buscala--- Decíame outro.

Eu non casei por non ter nómina, mais son moi ardente--- claro, era o fogueteiro.

Fracasei coas parellas que quixen facer, pero non o levo mal, o peor e que cando eu morra non terei a quen deixar as miñas cousas.

Eu non teño un peso, pero teño leiras e patacas.

Para que quero unha muller si xa teño a miña nai que me ten todo amañado--- Sí é certo, lle dixen, os pais temos a obriga de atender a os nosos fillos ata que estes cumpran a idade de noventa anos.

Entre as viaxes que fixen para achicar as cervexas, puiden falar cunha ducía de solteiros, e fun razoando algunhas conclusións: En contra do tópico de que son raros, para nada, o mesmo de raros que os que vivimos en parella. Os seus costumes e labouras, non se semellan entre eles, mesmo algúns traballan arreo no movemento sociocultural de Caamouco, un dos mais importantes de Galicia.

solteiros21Todos eles teñen un arquetipo común: están moi arraigados ó seu recuncho, ó seu lar, namorados, a bó fé da súa terra (non me estrana, Caamouco é o ceo) máis que eses homes de Caamouco que casaron en Pontedeume, arraigando máis a súas parellas e desarraigándose eles un pouco (7km) por amor, claro.

Non sei se o arraigo é importante ou non para estas cuestións, e se o é, non ten importancia, porque a ó dia seguinte, atopeime en ¨Kerrika Taberna¨ o bar do meu amigo Archi, este titular da Voz de Galicia.

Eiquí  entráronme as dúbidas, a ver se vai ter razón Carmela con tanta calidade e non temos escolas!. Cousas do demo.