 |
Experiencias
en Curmá co tratamento da gomosis da laranxeira.
|
 |
|
|
|
|
|
|
Presentamosvos
o traballo levado a cabo por uns veciños de Curmá,
preocupados pola gomosis que afecta ás laranxeiras da sua horta
(foto da dereita).
Esta enfermidade está afectando a moitas
frutais de Caamouco, non só ós cítricos, pero son
éstes os mais afectados.
(pinchar nas imaxes para velas ampliadas)
|

|
|
|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
Unha das laranxeiras
obxeto deste traballo, de aproximadamente 30 anos de idade, por
estar afectada pola gomosis. No centro o tronco da mesma, a ferida
atópase na sua base. Á dereita apéciase que
comenza a desenrolarse un ataque de gomosis (22/07/06).
|
|
|
|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
Procedeuse a realizar
unha limpeza da zona afectada cunha ferramenta cortante, retirando a
corteza e partes do tronco danadas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
Unha vez ben limpas as
zonas atacadas, procédese a dar un tratamento con Metaxil ou Artemil-M (nomes comerciais), con
unha base de 8% de metalaxil e un 64% de mancoced. Este producto pode
atoparse nas tendas con productos fitosanitarios como a da Cooperativa
de Rilo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
Dous meses despois do
primeiro tratamento, en setembro, observanse uns puntos marrons na
ferida que ó tacto presentan humidade, o que indica que o ataque
continua.
Volve a repetirse a limpeza da parte afectada e a tratalo de novo con Metaxil.
|
|
|
|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
O 26 de outubro seguinte,
as zonas tratadas presentan xa cicatrices con bó aspecto. A
humidade que presentaban as zonas atacadas xa desapareceu, as feridas
están en proceso de rexeneración e a corteza comenzou a
cubrilas. Á dereita pode verse un ataque que se apreciaba nas
primeiras fotos xa prácticamente cicatrizado.
|
|
|
|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
Outro exemplo.
(14/09/06). Localízase un ataque de gomosis, pódese ver a
goma na parte baixa da fenda. Procédese a saneala cunha trencha.
|
|
|
|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
Aplicase Metaxil coa
axuda dun pincel (14/09/06), e uns meses despois a ferida xa
está cicatrizando (16/01/07). Á dereita, cicatriz
dun ataque de gomosis (16/01/2007) tratado hai tres anos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alguns comentarios sobre as laranxeiras
baseados nas nosas experiencias.
Evidentemente, a laranxa
que se cultivaba en Galicia fai anos, salvo raras excepcions, era de
moi baixa calidade. As técnicas de reproducción por cubo
e a carencia dunha selección apropiada facultaron que os
cítricos que se producían non tiveran aceptación
polos consumidores. Non gozando dunha boa acollida na nosa zona debido
a que:
- A froita non é de calidade comercial,
posiblemente por utilzar variedades dexeneradas, sabor ácido,
pel grosa e abundantes pepitas.
- A resistencia da árbore ó clima
é baixa, por exceso de humidade, facilidade para contraela
gomosis, principal problema da laranxeira en Galicia.
A utilización de
variedades procedentes de Valencia, Sevilla, etc., mellora a calidade e
sabor do froito, e ainda que son mais resistentes á gomosis,
tamen as ataca. É moi importante localizala e tratala na
primeira fase, para tela seguridade de salvala árbore.
A presencia destos fungos
é permanente dutante todo o ano no chan e a sua maior actividade
parasitaria producese cando a temperatura ambiente oscila entre
18ºC e 24ºC. A auga da choiva ou do rego que empapa o chan
favocere a parte reproductora asexual destes fungos.
Os limoeiros e os
pomeleiros tamén son moi sensibles á Phythopthora, nome do fungo que
produce a gomosis, sendo a laranxeira doce mais sensible que os
mandarinos e os seus híbridos. Os citanges troyer e carrizo, e o mandarino cleopatra presentan certa
resistencia. A laranxeira amarga,
o citrumelo e o kumquat son resistentes.
Medidas Preventivas:
- Diseñar unha boa drenaxe.
- Separalo rego por goteo do tronco.
- Procurar non producir lesions no tronco.
- Evitala compactación do terreo.
- Non aportar materia orgánica á base do
tronco.
- Evitalos períodos de seca seguidos de regas
abundantes.
- Moderala fertilización nitroxenada.
Outras consideracions:
- A árbore debe ter
o tronco totalmente libre de
herbas para facilitar a sua ventilación e a sua revisión
cada certo tempo.
- De non realizala
indicada revisión, a
posibilidade de detección da gomosis a tempo para curala
redúcese, e un darese conta de que a árbore ten
problemas cando as follas comencen a poñerse amarelas, momento
na que a árbore xa está sentenciada.
- No noso clima a humidade
é un factor
desencadenante que favorece e propaga a gomosis, de ahí a
importancia dunha boa drenaxe e limpeza do tronco e a base.
- O caleado é un
bó precedimento para o
mantemento do tronco libre de fungos e facilitala localización
da enfermedade.
- Cando se merque unha
laranxeira de viveiro,
ademáis de buscar unha forma adecuada hai que procurar que o
patrón teña un tallo alto co fin de que ó plantalo
a cicatriz do inxerto non quede soterrada, xa que en principio un
bó patrón debe ser resistente ós organismos
patóxenos que contén o terreo, pero é moi posible
que a variedade inxertada non teña esa propiedade.
- A ferramenta que se
utilice para sanear unha
árbore atacada de gomosis non debe emplearse noutras
árbores salvo que previamente se desinfecte. O lume é un
bó desinfectante.
|
|
|
|
José Prieto Gallego, Agustín Prieto Gallego e Ernesto
López Naveiras.
|
|
|
|
 |
|