 |
Wilber, o
Último Gaiteiro da Habana.
|
 |
A
Habana, 14 de Nadal do 2005, a miña muller e máis
eu subiamos pola
rúa Tejadillo ata chegar a á placiña onde
está o café, "A Floridita",
frecuentado noutros tempos por Hemingway para inspirarse a forza de
daikiris.
Atopamos tres rapaces que viñan fronte a nós
baixaban pola rúa
Obispo. Dous deles brancos e o outro era coma a camiseta que
levaba
posta, negra coma a noite mesma. No medio do peito, unha
franxa de
cor azul e unhas letras brancas que poñían
"Nunca Máis". Sorprendeume
e dixenlle ¡ti
és dos nosos! e de seguida preguntou nun perfecto
galego, ¿é
vostede do BNG? respostei que non pero sí dos de "Nunca
Máis".
Flipade, entón dixo ... son gaiteiro,
respondín ... ¡eu tamén!.
|
|
|
De
seguida entablamos conversa con eles, contaronnos que eran
estudiantes da Universidade da Habana, que as horas extras empregabanas
no estudio da nosa cultura e tamén da asturiana, un deles
impresionounos coa súa soltura en bable que incluía unha
chea de
cancións medievais, ambientadas con flauta e gaita.
Wilber, que así se chama o mozo negro, quixo saber onde estaba a
miña
gaita, díxenlle que eu non tiña. Ata daquela, tocaba
cunha da
Asociación de San Xoán de Piñeiro. Sorprendeuse e
preguntoume coma era
iso dun gaiteiro sen gaita.
Contaron que tiñan catro, todas galegas, procedentes de
doazóns da
Xunta e que outras están expostas nunha fortaleza defensiva da
cidade
pero en perigo de esmorecer.
Como un encontro entre gaiteiros da para máis, acordamos tocar
ó día
seguinte. Quedamos xusto fronte o Centro Galego, gustounos a idea
dunha xuntanza fronte o edificio onde foi a estrea oficial do
himno
galego.
Case non puiden durmir coa emoción, aló na Habana.
Estaba confuso, ¿como pode ser?
Topara cuns rapaces que nunca sairon da illa, un deles de orixe
xamaicana e que por enriba falaran con soltura na nosa lingua, dos
nosos músicos, da nosa cultura.
As once da mañá, estábamos no lugar acordado.
Agardaban sentados nun banco cos seus instrumentos. Foi un reencontro
fraternal e cunha sorpresa, Wilbert fixome un dos mellores agasallos
que recibín na vida.
Era unha gaita con fol de coiro, roncón de buxo, faltaballe o
soplete e o punteiro estaba roto, díxome xa ten vostede gaita.
Boteime a chorar.
E polas rúas da Habana soaron ritmos de muíñeiras,
fixeron falla uns
poucos acordes para darmos de conta de que estabamos ante un mestre.
Con Wilbert toquei a muíñeira de Freixido, a Alborada de
Veiga e o Himno galego, entre outras pezas.
O músico mesturaba a gaita con rítmos afrocubanos
con tambores batá, sons que nos deixaron abraiados.
Wilbert fora alumno de Fernando Lorenzo, o último gaiteiro da
Habana. Un vello emigrante e luthier, que antes de morrer dixo non quixera marchar
deste mundo, sen deixar algún gaiteiro na Habana.
Tivemos pois, a fortuna de topar co último gaiteiro que queda na
cidade
caribeña, un descendente das tribus xamaicanas con
licencia para tocar
na rúa.
Daquela soubemos que con Wilbert, o noso instrumento máis
inmorrente segue en boas máns.
Na despedida non sabía como agradecer que alguén de
tan fora levara
candaseu a Galicia tan dentro, e non se me ocurriu outra cousa que
quitarme a camiseta, esa do peixe negro que pon abaixo Caamouco, e
coller os vinte dólares que nos quedaban.
Agradezo
a camiseta, sei que significa moito para vostede, pero cos cartos
vou comer unha semana enteira.
|
|






|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Joaquín Pita |
|
|
|
|
 |
|