Desafío Redes-Irlanda

Quen gañará o Redes-Irlanda deste ano?
 
E do desafío Masmadera-Trebón?
 

Enquisa

Cando CREES que van a comenzar as obras da Fachada de Redes ?
 

Agora

Temos 37 convidados en liña

Os cacos asaltan a Igrexa de Caamouco
Xoves, 02 Xullo 2009

Onte descubriuse o percal, arrincaron un par de cruces do cemiterio para, a través da capilla dos Piñeiro (romperon o sarcófago), derrubar tumbas, reixas... e finalmente acceder á igrexa á procura do que non había. Deixaron unha desfeita e non conseguiron nada.

Xa non hai respeto ningún.

 
Constitución da Asociación Cultural CaamoucoNet
Sábado, 20 Xuño 2009

Sábado 4 de Xullo ás 12:00 na Tenencia.

Chegou o momento de constituirse en Asociación según os estándares do regulamento, asegurando así un funcionamento democrático e un recoñecemento institucional.

Ler máis...
 
Coloquio nas "Ondas de Irmandade" da AIC
Xoves, 02 Xullo 2009

Sábado 4 de Xullo ás 20:00 na Tenencia.

Dentro da exposición "Ondas de Irmandade" que estes días se celebra na Agupación Instructiva de Caamouco, o sábado 4 de xullo celebrase unha charla-coloquio sobre o tema principal da exposición, o asociacionismo mariñeiro eumés. Esta presentación ten por finalidade mostrar as razóns que levaron ós veciños do carón do Eume a este secular movento asociacionista. Dende a Directiva da Agrupación fan un especial chamamento á participación nesta actividade polo seu interese e valor didáctico.

Hai que lembrar que a exposición "Ondas de Irmandade" estará aberta ata o día 12 de xullo na Agrupación Instructiva.

 
VII Regata de Embarcacións Tradicionais "PORTO DE REDES"
Mércores, 01 Xullo 2009

Xa falta pouco para voltar a ver Redes cheo de velas, de xente e de festa. Un ano máis vai a ter lugar no Mar de Redes unha das citas máis importantes no calendario anual de festexos na parroquia de Caamouco: A REGATA.

Xa entre as mellores regatas tradicionais de Galicia. Un evento moi esperado por veciños e amigos aos que agardamos non defraudar nesta xa VII edición.

 

Pincha en leer máis para coñecer tódolos detalles ou na imaxe para ver o cartel

Ler máis...
 
Ruinas na Area Morta
Mércores, 01 Xullo 2009

A tempada de verán xa comenzou, pero parece que as nosas praias aínda non estan preparadas para que podamos gozar delas.
Só pasaron 2 anos desde que se arranxou a praia da Area Morta e este é o estado no que se atopa: as varandas xa estan rotas en varios puntos ao longo do paseo, a herba non se cortou e ameaza con colonizar a zona para camiñar e o areal esta totalmente cheo de lixo.

Ler máis...
 
Exposición "Ondas de Irmandade"
Martes, 30 Xuño 2009

Do 1 ó 12 de Xullo de 2009 nos locais da Tenencia.

A diario de 19:00 a 20:30, domingos de 12:00 a 14:00.

Sobre o asociacionismo mariñeiro eumés, presentase esta exposición feita polo colectivo 8Mares co gallo do centenario da constitución da primeira sociedade mariñeira eumesa "La Hermandad Marítima" (1908), á que logo se unirían a Sociedad de Marineros Pescadores (1914), a Unión de Pescadores (1919), o Gremio de Armadores de Tarrafas (1920) e o Pósito de Pescadores (1922).

Presentase unha escolma de fotografías, artigos, maquetas, arquivos sonoros e un documental. Descarga aquí o diptico informativo.

 
Exposición "Embarcacións do Arco Ártabro ata Ribadeo"
Martes, 30 Xuño 2009

Do 13 ó 18 de Xullo nos locais da Tenencia.

A diario de 19:00 a 20:30, domingos de 12:00 a 14:00.


 

Da man dos profesores Bernardo Máiz e Enrique Freire chéganos esta exposición sobre as embarcacións tradicionais, nun interesante traballo recollido nun libro, merecedor do Premio Didáctico Antonio Fraguas na sua V edición.

A exposición, de xeito resumido, amosanos en paneis imaxes,fotos, planos e textos froito dun longo traballo de campo e longas conversas cos vellos de cada lugar.

Os paneis foron presentados o ano pasado en Ferrol, e despóis dun longo recorrido por Galicia chegan a Caamouco, coincidindo e apoiando os actos da VII Regata de Embarcacións Tradicionais "Porto de Redes"

 
Caamouco en Obras
Mércores, 01 Xullo 2009

Parece como si se puxeran de acordo en facer todo á vez. O bon tempo, dentro do que cabe, facilita a labor de executar varias obras, a maior parte delas a iniciativa do Concello, que financia ou xestiona as mesmas.

Ler máis...
 
Lixo en Sabadelle
Domingo, 28 Xuño 2009

Hoxe apareceu na praia de Sabadelle esta acumulación de lixo, eso si, ben recollidiño nunha esquina, pero ante isto hai que lanzar unha preguntiña, ¿Esta xente pensaba que o camión do lixo chega ata alí? é unha mágoa que ainda queden persoas tan pouco respetuosas co medio ambiente. Esperamos que o día 1 de Xullo  comencen a limpeza das praias do noso concello, e se retire pronto.

Dende Caamouco.net queremos facer un chamamento á xente para que tire o lixo nos contenedores.

 
 
Obras na Escola e sardiñada aprazada
Venres, 19 Xuño 2009

Hai unhas semanas instalábanse na Escola as últimas ventás que faltaban por substituir. Ademais disto cambiabánse os ferrollos de tódalas contras por uns de mellor calidade e de maior seguridade.

Ler máis...
 
Obras: Asfaltado o Baixolo e Barracido
Domingo, 21 Xuño 2009


 

Por fin! taparon todos os buratos da parte aresán do camiño do Lodairo ó Baixolo, a ver si se anima o Concello de Mugardos co seu tramo. O firme é de boa calidade e os usuarios notarán melloría.

Comprobamos que o Concello tamén asfaltou o "slalom" de Barracido e que se están limpando de maleza moitas das beiras dos camiños de Caamouco.

 
Pasou o 40 de Maio... e a casa sen barrer
Sábado, 20 Xuño 2009


 

Xa empezou a temporada de baños, o tempo acompaña e aumenta a afluencia ós areais, sobre todo nas fins de semana.

Lamentablemente, as labores de limpeza das praias fanse agardar, como comprobamos nas imaxes que nos fixeron chegar uns colaboradores.

 
Novas Páxinas do Camping El Raso
Domingo, 21 Xuño 2009
 
Confirmado: "DAKIDARRIA" actuará en Redes
Xoves, 18 Xuño 2009

Xa  é  oficial, o grupo "DAKIDARRIA " actuará en Redes o vindeiro sábado 18 de Xullo nos actos da VII Regata de Embarcacións Tradicionais. O grupo pontevedrés será un dos grupos que pecharán esta edición.

Podemos adiantar tamén que como tódos os anos, haberá churrascada popular pola noite.

Próximamente sairá máis información sobre o programa nesta web.

Ler máis...
 
Obras: Asfaltado de Curmá ó Raso
Mércores, 17 Xuño 2009

O Camiño que vai dende A Aira de Curmá ó Raso xa conta con un novo firme, xa non teremos que sufrir os macroburatos de Mazaído (foto) e as múltiples chapuzas que o degradaban.

Despóis da actuación vemos o perigoso que é andar arrimandose ás beiras, pola altura que collen e algún "burato sorpresa" preto do Raso, mais as amplas gábeas que veremos como trata o señor inverno.

De momento aí está, pero algo lles pasou, pois marcharon deixando o tramo entre A Aira e a estrada sen facer. ¿Qué pasará con ese anaco?.

ULTIMA HORA: Xa están rematando o que quedaba do Camiño Real dende Curmá ó Raso. O Concello xa executou o tramo restante e algún ramal. A calidade disque non é a mesma pero a mellora xeral é considerable.

 
Vela: La Rabuda arrasa en Ares.
Martes, 16 Xuño 2009

Ademais de dominar na súa categoría, sen rival, o barco de Redes patroneado por Antonio Díaz, fíxose co triunfo absoluto fronte a barcos, en teoría, moi superiores.

Na mesma clase que a Rabuda, quedaba terceiro outro barco de Redes: o Golafre.

Esta regata pecha unha primaveira que arrancaba co triunfo dos de Caamouco no Gran Prix de Primaveira do CN Ares, cun primeiro do Golafre, segundo do Pingón e terceiro de La Rabuda. Na regata de Primaveira do CN Sada salvaba a honra dos de Redes o barco La Rabuda, mentres o resto facían un papel "discreto". Na regata A2 do RCN Coruña as cousas foron peor, o Golafre non se presenta, e o Pingon e La Rabuda afúndense na clasificación. Menos mal que o noso mundialista Juan apareceu no Fucus (de Coruña) para facer un segundo posto. Outro experimento foi o do Golafre que fixo unha escapada á Ría de Ferrol para acadar un segundo posto.

Agora só falta que os nosos o fagan tan ben nas regatas de Alto Nivel. Moita sorte.

 
Estatísticas ata Maio
Mércores, 06 Maio 2009

Caamouco.Net segue aumentando en tráfico; 14GB en maio, os Blogs xa nos 3GB.

No ranking mundial Alexa retrocedemos ata o 450.000 e no 75.000 do ranking español, ainda asi seguimos no Top100 das 100 páxinas galegas máis populares de CodigoCero, mantemos o posto 75, sabemos que en Galicia hai moitas páxinas que este ranking non ten en conta, pero mantemos o tipo ante unha baixada xeral entre as páxinas do entorno.

Ir á páxina de Estatísticas.

 
Cursos de Windsurf Marítimo de Redes
Sábado, 02 Maio 2009

Os cursos de windsurf do Club Marítimo de Redes comezan o día 9 de maio, 4 sábados ou 4 domingos en horario de mañá. Estamos a preparar os grupos de xuño, APÚNTATE.

Prezo: 20€ socios/as e 40€ Non socios/as

Requisitos: Saber nadar, 16 ou máis anos (menores de 18 anos con autorización dos pais ou titores, por escrito), traxe de neopreno, escarpines con suela ou similares.

Información e inscripcións: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo   607217916

Ler máis...
 

Do 9 ó 12 de Xullo

17 e 18 de Xullo